SORTEOS E CHEQUES REGALO

Todos as persoas inscritas entrarán no sorteo de cheques regalo para realizar as súas compras nos establecementos locais do Concello de Barreiros asociados a esta iniciativa. Cada participante entrará no sorteo co seu número de dorsal excepto:

As persoas que entren en podium (1º, 2º e 3º clasificada/o de cada categoría) entrarán no sorteo con mais dorsais e da seguinte maneira:

  • 1º clasificadas/os entrará con 5 dorsais
  • 2º clasificadas/os entrará con 3 dorsais.
  • 3º clasificadas/os entrará con 2 dorsais.

A publicación de Facebook con mais likes (me gusta)a día 31 de decembro ás 12:00h.,entrará no sorteo con 5 dorsais. A publicación terá que cumprir con tres condicións:

  • Incluír unha foto na que apareza a persoa inscrita co agasallo oficial e/ou dorsal do evento
  • Incluír o hashtag #MaisKmsBarreiros.
  • Nomear ao Concello de Barreiros @Concello.barreiros

O valor económico máximo do conxunto dos cheques regalo será de 3000 € no caso de ter rexistrados os 6000 quilómetros propostos como obxectivo do reto. Si non e acadan esos quilómetros previstos, a contía reducirase de forma proporcional. Si se conseguise unha participación e uns resultados que excedan moito das expectativas, poderase estudiar a posibilidade de incrementar dita contía.