OBXETIVOS DEPORTIVOS E SOLIDARIOS

MaisKmsBarreiros trátase dun reto deportivo e virtual no cal todos os seus inscritos/as, de forma conxunta, teñen que percorrer un total de 6000 kms., quilómetros que se serán realizados camiñando, correndo ou andando en bicicleta, nun prazo de 10 días, dende o 21 de decembro ao 31 de decembro do 2020.

Por cada quilómetro percorrido e rexistrado na web ou na app oficial do reto, as persoas inscritas/os estarán aportando cincuenta céntimos de euro que retribuirá o Concello de Barreiros en concepto de cheques regalo, cheques que serán sorteados unha vez finalizado o prazo do reto para seren consumidos nos establecementos locais do concello asociados a esta iniciativa.

As inscricións realizaranse a través da wwww.MaisKmsBarreiros.com ou na app oficial. O prazo ábrese o día 17 de decembro e péchase o día 27 de decembro do 2020.

As persoas inscritas terán dereito a:

  • Adquirir un obsequio oficial do evento.
  • Obter un dorsal virtual.
  • Obter un diploma no que se recoñezan os quilómetros que de forma persoal sumaron ao reto.
  • Acceder de maneira gratuíta aos servizos que oferta a App oficial
  • Interacción coas redes sociais oficiais.

A recadación total das inscricións así como os aportes económicos extras que cadaquén faga de forma voluntaria, destinaranse exclusivamente ao fondo de emerxencia social do Concello de Barreiros (alimentación, roupeiro,material escolar, etc).

 O custo da inscrición será::

  • Menores de 16 anos (inclusive): 1€ + aporte económico extra (voluntario)
  • Maiores de 16 anos: 2€ + aporte económico extra (voluntario)
  • Dorsal KM0 (aporte económico voluntario sen participación)