MODALIDADES DEPORTIVAS

Modalidades deportivas.No momento da inscrición a persoa inscrita escollerá a ou as modalidades deportivas seguintes, dentro da súa categoría, en función da actividade física de preferencia para percorrer os kms.:

  • A.+CORRE (correndo)
  • B.+BICI (andando en bicicleta)
  • C.+ANDAINA(Camiñando)

Os traxectos para realizar a actividade física serán libremente escollidos pola inscrita/o, preferentemente no Concello de Barreiros. Aconséllase escoller un traxecto axeitado e seguro para a práctica e que permita cumprir coas medidas de prevención vixentes para facer fronte á pandemia actual